A partir de agora as gasolineiras poderán abrir sen ningún obstáculo administrativo

A Xunta elimina o documento que acreditaba que a instalación petrolífera podía operar.

Por A.C. Pereira-Menaut | Santiago de Compostela | 07/06/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia eliminou un dos grandes obstáculos para a instalación de novas gasolineiras en Galicia. Logo de varias reunións ca Asociación Nacional de Estaciones de Servicio Automática (Aesae), o goberno autonómico dedidiu modificar o DOAG no cal se dicía que o Rexistro de instalacións petrolíferas tiña que ser constitutiva, é dicir, que o promotor tiña que esperar a que se lle enviara o documento de inscrición para poder operar.

Petroprix - cedida
Petroprix - cedida

A partir de agora o Rexistro pasará a ser declarativo, é dicir, chega con comunicar o proxecto para que este poida abrir. "Este Rexistro era unha anomalía dentro da lexislación española e da Unión Europea. Ningunha outra Comunidade Autónoma tiña un Rexistro de instalacións indutriais que tivese que autorizar expresamente a súa posta en marcha", declara Aesae.

Segundo Aesae esta medida fai facer que o panomada das petroleiras en Galicia cambie logo de arrartrar varios anos con baixo aumento da competencia no sector. Así, pensan que este cambio vai representar un incentivo para o sector.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta