Os funcionarios tamén presentan lista para as europeas

Demos+ preséntase a final de mes co obxectivo de defender os servizos públicos e rematar co desprestixio dos traballadores públicos. Unha ourensá é a tesoreira da formación.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 17/11/2013 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Os funcionarios tamén terán o seu propio partido político para as eleccións europeas de maio. Chámase Demos+ e está integrado por traballadores públicos de todo o Estado. 

O vindeiro 30 de novembro presentase en Madrid este partido que nace da Asociación Unión de Empregados Puúblicos 'Movimiento Fue', integrada principalmente por empregados públicos, "aínda que sempre estivo aberta a toda a ciudadanía", segundo apuntan nun comunicado. "Coñecemos a administración pública desde dentro, sendo moi conscientes da importancia dunha xestión eficaz e eficiente dos recursos económicos do noso país", din.

"Sufrimos moito desprestixio e mala prensa por parte dos gobernos non interesados nunha empatía de a administración pública cos cidadáns. Son conscientes do risco que iso supón, saben que a conxunción de ambas as partes supón un perigo para o sostemento da caste política", aseguran.

Proxecto diseñado por traballadores públicos

Por iso, elaboraron un proxecto político dixeñado por traballadores do sector público no que queren dar solución aos principais problemas que padecen os cidadáns, sobre todo, para recuperar o estado de benestar e as prestacións e servizos públicos como "indicador dun estado que se considere san e avanzado". "Abrimos o noso traballo a todos os cidadáns, convidandoos a unirse a este proxecto e completar a parte correspondente ao sector privado", din.

Este proxecto político é único no estado. Por iso, presumen de que está impulsado e realizado por "profesionais implicados polo cambio cara a un política ética que debe de entenderse como un servizo público aos cidadáns e non como unha forma de vida para o enriquecemento persoal ou do poder financeiro".

"Beneficiar ao estado"

Así, Demos+ destaca que os cargos políticos electos son cidadáns e, por tanto, os seus dereitos e obrigas deben de ser os mesmos que os do resto. "Como representantes públicos deben realizar o seu traballo en beneficio do estado, demostrando o seu resultado co nivel de benestar dos seus cidadáns", conclúen.

Na Xunta directiva deste novo partido está unha funcionaria de Ourense,k Marabillas Calviño Cid, que exerce de tesoreira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

4 TardePias

Se moitos dos empregados públicos, que teñen as ferramentas de controlar ao poder político, fixeran o seu traballo, outro galo cantaría.

1 Gamela

razón levas... pero dende que esta "pandilla" aproba milleiros de postos de "libre designación" as plantillas de funcionarios están sometidas no mellor dos casos ao Silencio, e no peor a converterse en "Colaboracionistas" do Director Xeral ou Conselleiro de turno...! Cicais os funcionarios máis independentes serían os Conserxes que sempre teñen a posibilidade de "darlles coas portas nas narices" (e aínda así non é tan doado como parece!)

2 Mavi Calviño

Precisamente diso é do que se trata. Conseguir que os empregados públicos sexan independentes do político de turno que lle toque, que podan traballar sen presións, que a súa única preocupación sexa desenvolver o seu traballo dacordo coa lexislación vixente. E isto non será posible mentres se siga consentindo que cada vez haxa mais postos ocupados por libre designación, asesores, asesores dos asesores, asesores dos asesores dos asesores.... e así ata o infinito....

3 Señoritingo

Podian facer lista tamén o persoal de servizo do pazo de Beiras.

2 galiza ceive

Esto é outra organizaçom nacionalista espanhola. Unha vergonha que GC faga propaganda desta miseria: Gente cunha manifesta falta de honestidade ocultando o nacionalismo espanhol. GaIiza ceive. Ceive de criminais, e ceive de nacionalismo espanhol.

1 Gamela

O ideario político non pinta mal... http://movimientofue.info/ideario-p... O problema é que "funcionarios" non somos todos ! E canto máis repartido estea o voto INDIGNADO máis sacarán tallada os PPSOEs do carallo! Imos ver o que dá de sí esta "alternativa" https://twitter.com/Demos_Mas O cabreo é grande!