Valdeorras percorre o estado para posicionar os seus viños

Despois de pasar por Alacante e Málaga, os viños desta Denominación de Orixe chegaron a Madrid, concretamente ao Westin Palace no marco dun acto promovido pola marca 'Experienia Verema'. Os vindeiros destinos serán Palma de Mallorca e Ibiza, para chegar pasado o verán a Bilbao e Barcelona.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 08/06/2021 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

Diferentes brancos e tintos de Valdeorras puideron ser degustados este 7 de xuño no Westin Palace de Madrid, no marco dun acto desenvolvido baixo o paraugas de marca “Experiencia Verema”. Os viños valdeorreses chegaron a Madrid logo de darse a coñecer o mes pasado nas cidades de Alacante e Málaga.

“Experiencia Verema”, cata de viños. Foto: Prensa D.O. Valdeorras.
“Experiencia Verema”, cata de viños. Foto: Prensa D.O. Valdeorras.

“Continuamos impulsando, pese as limitacións actuais, a promoción dos nosos viños”, asegurou José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras en relación a estes eventos promocionais. “Logo de Madrid, temos previsto desenvolver unha acción promocional no Hotel Meliá Palma Marina de Palma de Mallorca, en concreto a vindeira semana, e outro en Ibiza.

Seguindo co planing de promoción marcado, despois do verán a previsión é levar os viños valdeorreses ás cidades de Barcelona e Bilbao.

O Consello Regulador prevé intensificar os eventos promocionais na segunda metade do ano, logo de que o Pleno do organismo decidira destinar a actividades divulgativas unha parte moi destacada do seu orzamento anual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta