O persoal das fundacións de investigación sanitaria consegue o seu primeiro convenio

Segundo informa CIG- Saúde, a súa firma terá lugar nun "acto formal" previsto para o 21 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2021 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A mesa negociadora do convenio de fundacións de investigación sanitaria de Galicia acordou o texto definitivo e subscribiu a acta de fin de negociación, segundo informa a CIG-Saúde. A central indica que este acordo se logrou o pasado venres e se está agora á espera de que a Consellería de Sanidade convoque "o acto formal" para a súa firma, o que prevé para o 21 de xuño.

A CIG-Saúde subliña que foi unha negociación "dura" con máis de 27 reunións durante dous anos. "Ao final fomos capaces de conseguir o obxectivo, que era ter o primeiro convenio galego deste sector", destaca.

Na súa parte normativa, segundo sinala, "equipárase aos empregados públicos". No referente á estabilidade recolle que as necesidades permanentes de persoal "serán cubertas por persoal indefinido" e que a fundación traballará no desenvolvemento dun plan de estabilidade.

Para iso, "teranse en conta as directrices que marque a consellería", engade a central, que engade que "se van a respectar as condicións máis beneficiosas que o persoal teña á entrada en vigor do mesmo".

En canto a cuestións que "quedan por mellorar", a CIG-Saúde apunta ao sistema retributivo. O convenio terá dous anos de vixencia que levarán "a ter que denuncialo no último trimestre de 2022 para crear unha nova mesa de negociación a principios de 2023", conclúe.

Membros da CIG- Saúde en rolda de prensa.
Membros da CIG- Saúde en rolda de prensa. | Fonte: Fonte: CIG- Saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta