O lugar de Nogueiras, en Carballeda, será a nova aldea modelo

Incentivarase a actividade económica mediante a recuperación de terreos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2021 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural proporá como nova aldea modelo ao lugar de Nogueiras, no Concello de Carballeda de Valdeorras. Esta aldea conta cun perímetro de 13 hectáreas nas que se incentivará a actividade económica mediante a recuperación de terreos, á vez que se actúa na prevención de incendios forestais.

De tal forma, converterase na 15ª aldea modelo declarada pola Xunta, mentres existen outras 70 solicitudes para pór en marcha estas iniciativas que se recollen na nova lei de recuperación de terra agraria, segundo explica a Xunta.

O conselleiro de Medio Rural, José González, realizou unha visita este luns á zona, tras o cal se desprazou ao veciño municipio de Larouco, onde coñeceu diferentes iniciativas promovidas polo Grupo de Desenvolvemento Rural Valdeorras e un posible proxecto de polígono agrario centrado en produción de cereixa autóctona.

O conselleiro de Medio Rural, José González, visita o lugar de Nogueiras, no Concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense). MONICA G.BELLVER
O conselleiro de Medio Rural, José González, visita o lugar de Nogueiras, no Concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense). MONICA G.BELLVER | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta