85 concellos e 15 entidades da Coruña súmanse a conmemorar as diversidades sexuais

A campaña "Liberdade de ser e de sentir" e o congreso "A memoria diversa" son os principais eixos do programa que prepara a Deputación.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/06/2021 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

As áreas de Igualdade e Cultura da Deputación da Coruña presentaron este luns a campaña e o programa que preparan para a conmemoración do Día das Diversidades Sexuais que se celebrará o próximo 28 de xuño.

A campaña "Liberdade de ser e sentir", cun amplo programa de actividades, e o congreso "A memoria diversa" son os principais eixos de acción que presentaron a deputada María Muíño e o deputado Xurxo Couto.

Un total de 85 concellos e 15 entidades participan na campaña 'Liberdade de ser e sentir' que a Deputación da Coruña, por medio das súas áreas de Igualdade e Cultura, bota a andar para conmemorar o Día das Diversidades Sexuais cun programa que este ano se prolonga ao longo de todo o mes de xuño.

A deputada María Muíño destacou a pluralidade de propostas, deseñadas en colaboración coas entidades, que "ofrecerán ferramentas e materiais para utilizar durante todo o ano e sumar miradas inclusivas para avanzar nunha sociedade máis tolerante e igualitaria".

Neste sentido, o programa inclúe actividades para todos os públicos, desde un conto infantil que será difundido en aberto na rede ata conversacións públicas con representantes das entidades que defenden dereitos dos colectivos ou a proxección da audiovisual 'Noite Irisada' en doce concellos da Coruña.

Ademais, a Deputación da Coruña organiza o congreso 'A memoria diversa' que ten como obxectivo recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas vítimas da represión por cuestións de orientación ou identidade de xénero.

BATALLA DE ALTAMIRA

Por outra banda, os días 12 e 13 de xuño, A Maía acollerá a primeira festa histórica da comarca que conmemorará o 550 aniversario da Batalla de Altamira.

A Deputación da Coruña, xunto cos concellos de Brión e Ames, organizan dúas xornadas de conmemoración que levarán aos escenarios dos acontecementos, entre outras actividades, con rutas, representación teatral e música.

Presentación dos actos polas diversidades sexuais na Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Presentación dos actos polas diversidades sexuais na Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta