Críticas a Renfe por recortar "á metade" as liñas de Galicia, sobre todo no rural

"De 80 traxectos de media distancia, só recuperaron 43", cifran dende a CGT.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2021 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Continúan as protestas pola redución de frecuencias de Renfe. Co comezo da pandemia, tanto a empresa ferroviaria como outros operadores de transporte público decidiron recortar algúns dos seus traxectos supostamente menos concorridos. A problemática está en que, de acordo con diversas denuncias, moitas destas viaxes non foron aínda repostas a pesar da reactivación da demanda.

Tren AVE de Renfe. RENFE - Arquivo
Tren AVE de Renfe. RENFE - Arquivo

No caso de Renfe, as protestas de traballadores e as denuncias de usuarios en RRSS levaron á compañía a anunciar unha restitución das circulacións ferroviarias que quedaría marcada para o pasado luns 7 de xuño. A problemática está en que, segundo a CGT, a compañía tan só decidiu recuperar 43 dos 80 trens de media distancia que recorren Galicia, reducindo notablemente a rede de comunicacións por vía férrea. 

A CGT optou por concentrarse ante unha manobra que cualifican de “recortes” desenvoltos “aproveitando a crise da pandemia”. A mobilización, desenvolta na estación intermodal de Santiago de Compostela, lembrou que Renfe restituíu tan só a metade das liñas suspendidas, unha problemática xa denunciada polas dificultades loxísticas que, apuntan na CGT, causa á poboación galega.

Dende o sindicato criticaron especialmente que as frecuencias restituídas se concentraran no eixo atlántico, é dicir, nas provincias da Coruña e Pontevedra, deixando a parte interior de Galicia máis desatendida. “Seguen suprimidos 37 trens que circulan principalmente polos rural galego, nas liñas Vilagarcía-Padrón-Compostela, Vigo Guixar-Arcade-Pontevedra, Vigo Guixar-Porriño-Valença do Minho, Coruña-Ferrol, Ferrol-Ribadeo, Vigo Guixar-Ourense-Monforte-Ponterrada, A Coruña-Lugo-Monforte”, engadiron A CGT xa denunciou que os recortes de Renfe afectaban de forma especial ao rural galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta