Convocada na Coruña unha concentración contra a nova tarifa eléctrica

Unha convcatoria cidadá protestará no Obelisco da Coruña contra o novo recibo da luz.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/06/2021 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O vindeiro mércores 9 de xuño ás 20:30 horas terá lugar no Obelisco da Coruña unha concentración contra o novo sistema tarifario da electricidade, co que se pretende aumentar ata un 40% o recibo da luz. "Este novo sistema de facturación carga sobre a clase traballadores os custes dun sistema ineficaz e ineficiente", comentan os convocantes.

Concentración contra a suba da electricidade - cedida
Concentración contra a suba da electricidade - cedida

O novo sistema de facturación eléctrica contemplna varios tramos horarios representados por un semáforo de tres cores, sendo a cor vermella a máis cara e a verde a máis barata. A verde é a partir das 00:00 da noite, o que da lugar a todo tipo de comentarios sobre ter que planchar ou poñer a lavadora á madrugada, algo incompatible cos horarios que madrugan para ir ao traballo. Esta convocatoria súmase a outras que tiveron lugar en diferentes localidades do resto do país. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta