Os colexios galegos descenden en 40 contaxios pero suman outra aula pechada

A incidencia concéntrase na área de Vigo, mentes que Ourense e Ferrol se manteñen á baixa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2021 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 nos centros educativos non universitarios de Galicia manteñen a tendencia descendente e redúcense a 318, que supoñen 40 menos que os rexistrados na xornada anterior, mentres que sete aulas permanecen pechadas --unha máis-- pola incidencia deste coronavirus e non hai centros clausurados.

Así se reflicte nos datos actualizados este martes polas consellerías de Educación e Sanidade, recollidos por Europa Press, dos que se desprende que as infeccións activas descenden nos centros das áreas sanitarias de Vigo (-14), A Coruña (-9), Santiago (-7), Lugo (-7) e Pontevedra (-6), mentres que ascenden lixeiramente nas de Ferrol (+1) e Ourense (+2).

En concreto, a área de Vigo segue á cabeza en casos activos con 117, que supoñen 14 menos, e cinco aulas pechadas, delas tres nunha escola infantil en Moaña por cinco contaxios e unha noutra escola infantil de Vigo por un positivo. Nesta área sitúase o centro con máis positivos de Covid de Galicia, o IES de Mos con novos contaxios --12 menos que a última xornada--, ao que segue o CEIP Seis do Nadal de Vigo rexistra oito --un máis-- e a escola infantil Dalila Reibón de Moaña, con cinco infeccións activas e tres aulas pechadas.

Séguelle a área de Santiago con 45 casos activos --sete menos-- e unha aula pechada, na escola infantil de Os Tilos por un positivo. O CEIP Plurilingue Galaxia de Ribeira segue con maior número de casos, con catro contaxios --un menos--. A área de Pontevedra sitúase tamén con 45 casos activos --seis menos-- e unha aula inoperativa no CEIP Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior, que acumula seis positivos --un menos--.

Mentres, a área da Coruña concentra 34 infeccións activas --nove menos-- e segue sen aulas pechadas. O CPR Plurilingüe Hijas de Jesús, que ata a última xornada destacaba en positivos sitúase con tres --seis menos--, mesma cifra coa que contan con outros dous centros. Pola súa banda, na de Lugo descenden a 32 os casos activos de Covid-19 --sete menos-- distribuídos en 23 centros, tres deles con tres positivos --o maior número nesta área--. E continúa sen aulas inoperativas.

MENOS CASOS

As áreas de Ourense e Ferrol mantéñense, polo seu lado, con menos casos de Covid-19 en centros educativos de Galicia. En concreto, a de Ourense conta con 26 --dúas máis-- e mantense sen clases inoperativas. O CPR Seminario Menor Diocesano La Inmaculada colócase con máis positivos, ao rexistrar tres. E finalmente a área de Ferrol agrupa 19 contaxios --un máis-- distribuídos en 16 centros --que contan cun ou dous casos-- e permanece sen aulas pechadas.

O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta