Galicia non terá ningún municipio en nivel máximo nin alto de restricións desde o sábado

No nivel medio estarán tamén os municipios de Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2021 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

Ningún concello de Galicia estará desde o vindeiro sábado no nivel máximo de restricións, nin sequera no alto, segundo anunciou este martes a Consellería de Sanidade tras a reunión do comité clínico que analiza a evolución da pandemia por coronavirus.

Así, o comité de expertos determinou que estea no nivel medio de restricións o municipio de Mos, que este luns pasara ao nivel alto, tras estar pechado perimetralmente. No nivel medio estarán tamén os municipios de Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.

Ademais, segundo un comunicado de Sanidade, "o resto dos concellos galegos sitúanse en nivel medio baixo", o que inclúe á Pobra do Caramiñal, municipio costeiro que este luns tamén pasara ao nivel alto tras estar un período pechado.

Todas estas medidas entrarán en vigor a medianoite do sábado, mentres que o comité volverase a reunir o vindeiro martes para analizar novamente a situación epidemiolóxica.

Varias persoas na terraza dun bar na Praza da Quintana, a 6 de xuño de 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press
Varias persoas na terraza dun bar na Praza da Quintana, a 6 de xuño de 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta