A Xunta apunta á orixe humana como causa do foco de covid nunha granxa de visóns

A enfermidade foi detectada nunha explotación do concello coruñés de Carral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural mantén a orixe humana como posible causa do foco positivo por SARS-CoV-2 detectado nunha granxa de visóns americanos do concello coruñés de Carral, explotación que segue inmobilizada e sometida a vixilancia e control polos servizos veterinarios do departamento autonómico.

Así o ratificaron a Europa Press desde a Consellería que xa comunicou o mércores a situación desta granxa ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). En aplicación dos protocolos vixentes de vixilancia desta enfermidade nas granxas de visón americano, tras as análises realizadas, confirmouse a existencia de circulación viral SARS-CoV-2 en en cinco mostras. No entanto, a enquisa epiodemiológica realizada non mostrou ningunha sintomatoloxía nos animais.

Desde a Consellería, reiteraron que, de acordo ao programa de prevención, vixilancia e control establecido, está a procederse a efectuar analíticas dos animais da granxa, "tomando mostras cada certo tempo para comprobar a evolución da enfermidade e determinar tanto a situación concreta da explotación como as actuacións a levar a cabo".

WWF reclama o peche das granxas de visóns en Europa / WWF. / Europa Press
WWF reclama o peche das granxas de visóns en Europa / WWF. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta