As solicitudes para un "descanso" temporal dos coidadores de dependentes poderanse pedir desde este venres

Poderá acceder á axuda se se é residente na Comunidade e a persoa atendida ten recoñecida unha dependencia de grao II ou III ou ben estea acreditado mediante informe médico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

ODiario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a nova orde do programa 'Respiro Familiar', co que as persoas dependentes ou con discapacidade realizan estancias temporais en residencias que facilitan o descanso dos seus coidadores habituais.

Este programa financiará o 100 por cento dunha estancia en calquera centro residencial de Galicia, sen límite de tempo e ata un máximo de 1.500 euros. A outra opción é achegar un máximo de mil euros para abonar o custo dun coidador no fogar, que deberá ser unha persoa con acreditación profesional na materia.

O Goberno galego inviste 600.000 euros nesta convocatoria, que simplifica os trámites para facilitar a súa solicitude. Ademais, elimináronse os límites de renda, o custo da residencia e xa non haberá o máximo de 15 de días de estancia que recollía a orde anterior.

O prazo para solicitar estas axudas comeza este venres e dura ata o 30 de novembro. As actuacións con dereito a axudas van desde o 1 de xaneiro, sempre e canto se conte co correspondente informe do traballador social que o acredite. Para acceder a elas, hai que presentar a factura do servizo recibido.

A Consellería de Política Social destaca que o principal obxectivo é facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos coidadores. Poderá acceder á axuda se se é residente na Comunidade e a persoa atendida ten recoñecida unha dependencia de grao II ou III ou ben estea acreditado mediante informe médico e social a necesidade de axuda de terceiros para as actividades da vida diaria.

Arquivo - Persoas Maiores Camiñan Por Unha Rúa En Galicia. Alivio Familiar.. ANA VARELA/XUNTA - Arquivo / Europa Press
Arquivo - Persoas Maiores Camiñan Por Unha Rúa En Galicia. Alivio Familiar.. ANA VARELA/XUNTA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta