O terceiro rescate chegará aos sectores que acrediten polo menos un 40% de caída do volume de operacións

A orde, dotada con 234 millóns, publícase este venres no Diario Oficial de Galicia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/06/2021 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

O terceiro plan de rescate, cuxa convocatoria publicará este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG), chegará a todos os sectores que acrediten polo menos un 40% de caída do volume de operacións. Así o destacou a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, este xoves nun webinario organizado por AJE Galicia no que tamén participou o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, nun webinario organizado por AJE
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, nun webinario organizado por AJE | Fonte: Xoán Crespo - Xunta de Galicia.

Lorenzana lembrou que esta orde reserva o 85% dos fondos a autónomos e microempresas e que a Administración autonómica axilizará a tramitación dos pagos do terceiro plan tratando de "minimizar" a burocracia e mediante o adianto do 100% dos importes que correspondan a través da presentación dunha declaración responsable.

Ademais, avanzou que nas próximas semanas o DOG publicará varios programas de axudas a autónomos que suman case 20 millóns de euros.

En concreto, o Bono Autónomo, axudas para a promoción do emprego autónomo e as destinadas a impulsar a contratación indefinida de asalariados, do primeiro, segundo e terceiro traballador, así como incentivos á consolidación de pequenas empresas de nova creación e ás cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e os apoios ás asociacións de autónomos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta