Mobilización sindical para esixir a retirada da reforma do Estatuto do Empregado Público

A área Pública da CIG realizou concentracións este xoves denunciando que "o Ministerio pretende resolver o problema da temporalidade no emprego público pondo na rúa a todo o persoal temporal e interino e isto non o imos a permitir".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

A área Pública da CIG realizou concentracións este xoves ante a Delegación do Goberno na Coruña e nas Subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense en demanda da retirada da reforma que o Ministerio de Función Pública pretende introducir no Estatuto Básico do Empregado Público.

Para a central sindical, "esta reforma, sen procesos de consolidación e sen claros mecanismos de sanción, non soluciona o problema nin busca saída para o persoal interino ou temporal que durante anos foi vítima da temporalidade abusiva".

"O Ministerio pretende resolver o problema da temporalidade no emprego público pondo na rúa a todo o persoal temporal e interino e isto non o imos a permitir", indica Xabier Picón, portavoz da área Pública da CIG.

Ademais, sostén que a proposta ministerial "non só non atende á xurisprudencia emanada do Tribunal de Xustiza da Unión Europea senón que mesmo dá as costas, entre outras, a resolucións xudiciais da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)". Para a CIG, non se pode abordar unha reforma do citado estatuto "sen eliminar primeiro as taxas de reposición de efectivos".

Concentración da CIG pola reforma do Estatuto do Empregado Público. CIG
Concentración da CIG pola reforma do Estatuto do Empregado Público. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta