A Xunta e o Consello de Seguridade Nuclear avanzan nun plan galego ante emerxencias radiolóxicas

Este convenio renova un anterior, expirado en outubro de 2020, e coordina a ambas as administracións en caso de accidente ou risco nuclear

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2021 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e o Consello de Seguridade Nuclear (CSN) estableceron un novo acordo de colaboración para planificar, implantar e manter un plan galego ante emerxencias radiolóxicas, así como para definir os mecanismos de comunicación entre ambas as administracións en caso de darse unha situación de risco.

O convenio, publicado este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE) e recolleito por Europa Press, foi asinado o pasado mércores 2 de xuño polo presidente do CSN, Josep Maria Serena i Sender, e polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta, Alfonso Rueda.

O acordo, que se establecerá por catro anos prorrogables a outro catro, vén renovar dous anteriores establecidos entre as dúas administracións --de 1990 e de 2012-- xa que o último deles quedou sen efecto en outubro de 2020. Segundo se desprende do texto do BOE, o Consello de Seguridade Nuclear asesorará á Xunta para elaborar o plan autonómico de emerxencias radiolóxicas e, para facelo efectivo, enumera as atribucións que terá cada institución.

Así, corresponde á Administración galega activar a situación de emerxencia radiolóxica ou, na súa falta, o Plan Territorial de Emerxencias (Platerga) para adoptar as medidas de protección da poboación. O Goberno autonómico tamén debe informar "de forma inmediata ao CSN sobre calquera accidente nuclear ou radiolóxico do que teña coñecemento que poida afectar os habitantes ou ao medio ambiente".

Ademais, a Xunta comprométese a ter en conta as recomendacións do CSN relacionadas con estas medidas de seguridade e a "intercambiar toda a información que sexa necesaria" para coordinar as actuacións a través do 112 Galicia.

Mentres tanto, as funcións que asume o Consello de Seguridade Nuclear pasan por informar as autoridades autonómicas de calquera accidente "que comporte risco" para as persoas e o medio ambiente, activar o seu propio plan de emerxencias en caso dun destes episodios, así como pór os seus recursos a disposición do operativo e informar á comunidade internacional de ser necesario.

O CSN tamén se compromete a asesorar ao director do plan de emerxencias, a dar apoio técnico e a pór en práctica as medidas de protección radiológica "necesarias para paliar as consecuencias do accidente".

Sinais de radioactividade
Sinais de radioactividade

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta