O Departamento de Produción Propia da Radio Galega, a piques de desaparecer

O Comité de Empresa da CRTVG alerta de que o seu peche suporía o fin da divulgación da música de toda Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O comité de Empresa da CRTVG alerta de que a dirección dos medios públicos está a piques de desmantelar o Departemento de Produción Propia da Radio Galega. Este departamento tiña como obxectivo darlle cobertura a todas as músicas do país.

Estudo da Radio Galega - Diario de Pontevedra
Estudo da Radio Galega - Diario de Pontevedra

Os traballadores que conforman este departamento fixeron rexistros sonoros que son alicerce fundamental para a historia da música galega. Puxéronse ao servizo da música galega e conseguiron un alto recoñecemento externo con importantes galardóns e moi bos índices de audiencia.

A representación legal do persoal da CRTVG, que leva anos denunciando o desmantelamento dos medios públicos e a desatención do sector cultural, considera un grave erro esta decisión e pídelle á Dirección que reflexione. 

Por outra banda, o comité urxe ao sector cultural e á cidadanía no seu conxunto a reaxir fronte este ataque ao público e as manifestacións culturais, chamando a emprender todas as iniciativas posibles para defender o que é público. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Viva Galicia corrupta

Bue bueno bueno o departamento leva anos siendo un verdadero desastre,dirixido polo irman por Pablo Barreiro,non deixi de alquilar micros do erario público a músicos externos,facer grabaciones años amiguetes,e pasar dos que ñe hacían algún reproche,todo un departamento a seis caprichos.O que teñen que cambiar a digo personaje e facer grabación dos grupos que non Temos mais remedio que acudir a digo estudio,e promocionar a Nosa música que hay e boa.Drixar de grabar a orquesta sinfónica......etc.Non FAI moito tempo os músicos do país rotestamos polo mal uso do estudio producción da rag,.. non caso,ahora o pechan.Deñe a utilidades pola que foto creado de Unha vez e cambien si dirección xa verán como sacan partido.