Dous novos ingresos elevan a oito as persoas hospitalizadas pola intoxicación en tres residencias do Carballiño

No conxunto de centros hai un total de 40 afectados.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 11/06/2021 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O ingreso doutras dúas persoas eleva a oito o número de persoas hospitalizadas pola intoxicación alimentaria rexistrada en tres residencias de maiores da comarca do Carballiño. En concreto, trátase de dous usuarios máis do centro situado no propio Concello do Carballiño, que presentan unha sintomatoloxía dixestiva leve do mesmo xeito que os seis ingresos anteriores.

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

Do mesmo xeito que o seis ingresos anteriores por prevención, debido á súa elevada idade, atópanse na Unidade de Medicina Interna do Hospital Universitario de Ourense. Fontes hospitalarias indicaron que, "patoloxías previas" foron as que empeoraron o seu estado de saúde, pero "a evolución é favorable".

No conxunto de centros hai un total de 40 afectados. Ademais, dos oito usuarios ingresados, dous son residentes do Centro de Maiores Quercus de Leiro e seis da residencia do Concello de Carballiño.

A intoxicación produciuse o mércores ao mediodía cando varios usuarios comezaron a presentar sintomatoloxía dixestiva, polo que seis foron ingresados no CHUO, aínda que a súa evolución era favorable.

Ademais das tres residencias, tamén se viron afectados un par de alumnos dun centro escolar cuxo comedor recibía a comida do mesmo servizo de cátering. A sintomatología foi leve, polo que Sanidade explica que "é difícil diagnosticar se foi exactamente por mor da intoxicación alimentaria". Así mesmo, varios usuarios das residencias foron atendidos nos propios centros ou na PAC de Carballiño.

INVESTIGACIÓN

Sanidade abriu unha investigación sobre a orixe da intoxicación alimentaria. Os técnicos recolleron o xoves mostras dos menús consumidos o mércores. Ademais, desde o departamento de control de calidade da empresa sitúan como "causa probable" un ingrediente cru que se engadiu ás ensaladillas.

"Contaminouse en orixe ou mesmo durante o traslado, talvez o paquete recibiu algún golpe e entroulle aire, iso non se nota nin no cheiro nin no sabor", apuntaba a responsable de calidade alimentaria da empresa de catering.

Os lotes están retidos á espera do resultado do laboratorio do control epidemiolóxico de Sanidade que se obterá nun prazo máximo de 4 días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta