Fixada para o 23 de xuño a declaración dos acusados na 'Operación Bodeguilla'

O fiscal Antidroga solicita penas de entre dez anos e medio de cárcere e quince anos de prisión para o seis acusados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2021 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

Os maxistrados da Sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra decidiron firjar para o mércores día 23 de xuño, ás 15,00 horas, a declaración do seis acusados da 'Operación Bodeguilla' contra o narcotráfico.

Este venres concluíron as declaracións de testemuñas e peritos, ata 41 persoas estaban citadas, e atendendo á solicitude dos avogados das defensas os procesados pecharán o xuízo.

A sesión deste venres tivo como protagonista ao, segundo o fiscal, presunto xefe da rede de narcotraficantes, o falecido Luciano 'Chano' Núñez, coñecido tamén como Lucky Luciano e condenado na 'Operación Nécora'.

O letrado da Administración de Xustiza leu na sala as declaracións feitas por Luciano en sede xudicial o 2 de xuño do ano 2016 e o 15 de maio de 2017. Nelas, o agora falecido desvinculábase completamente desta operación de narcotráfico e afirmaba que "que non ten parte en nada".

Naquelas comparecencias Luciano tratou de "aclarar" a súa coincidencia cos outros investigados en varios encontros en distintas localidades e tamén a súa relación co garda civil que actuou encuberto infiltrándose na organización delituosa. Así, aseguraba que aqueles contactos tiñan que ver coa súa empresa Adegas Núñez que trataba de reflotar despois de que entrase en concurso de acredores.

Luciano Núñez chegaba a situar ao axente da garda civil como instigador daquela rede criminal para introducir droga en España a través de colectores marítimos mediante do método do 'gancho cego'. O fiscal Antidroga, Pablo Varela, solicita penas de entre dez anos e medio de cárcere e quince anos de prisión para o seis acusados.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta