Google promete que haberá Android en galego

Por Galicia Confidencial | Madrid | 21/11/2013 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

Hai mes e medio o colectivo Mallando no Android lanzou unha  campaña para levar a nosa lingua a todo o ecosistema Android (o sistema operativo máis común nos teléfonos intelixentes, tabletas, etc). Onte representantes desta iniciativa mantiveron unha reunión con directivos de Google en España e os resultados son esperanzadores.

Iago Martínez de Mallando no Android fedellando no móbil
Iago Martínez de Mallando no Android fedellando no móbil

"Confirmáronnos que desde Google España veñen de facer unha solicitude interna ao equipo de Android para que se introduza o galego en próximas versións do sistema operativo" explica Mallando no Android. Malia esta " mensaxe de complicidade e compromiso coa adopción do galego nos seus servizos" o grupo deixa claro que o xigante norteamericano non comprometeu ningún prazo para facer realidade esta promesa.

Por iso, "cómpre non acomodarse" e seguir metendo presión a Google. Mallando no Android xa leva máis de 3.300 sinaturas recollidas en Chage.org para tal finalidade. 

Servizo de busca por voz de Google para Android
Servizo de busca por voz de Google para Android
Boneco de Android nunha imaxe a prol do Android en galego
Boneco de Android nunha imaxe a prol do Android en galego | Fonte: mallandonoandroid.com,
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Andrés Córdoba

En primer lugar quiero prestar mis disculpas por no publicar este comentario en Gallego, pero es que llevo tiempo sin hablarlo y se me dificulta bastante, es por eso que prefiero hacerlo en Español y así nos entendemos todos. Me parece una gran iniciativa por parte de Google que las aplicaciones que vengan en el futuro traigan el lenguaje Gallego de serie. He visto una página web que ofrece aplicaciones android apk descargar gratis la cual traen algunas este idioma y es un paso hacia adelante. Muchas gracias por esta información. Saludos desde A Coruña. Andrés Córdoba