Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 20:21
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, criticou a "precariedade" dos servizos de Renfe en Ourense e rexistrou varias iniciativas no Congreso para reclamar ao Ministerio de Transportes que atenda as necesidades feroviarias da cidade.
Nun comunciado remitido aos medios, o parlamentario do Bloque lembra que a súa formación leva meses reclamando na Cámara baixa a mellora destes servizos. Ademais, sostén que leste mesmo sábado produciuse unha suspesión do servizo Avant das 7,55 horas a Santiago e A Coruña.
O BNG lembrou que a deputada autonómica Noa Presas e o portavoz municipal en Ourense, Luís Seara, denunciaron semanas atrás que o Goberno do Estado utilizaba a escusa da covid-19 como "coartada" para non contratar persoal e "seguir co desmantelamento de servizos ferroviarios na cidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.