Condolencias da Xunta polo falecemento do piloto pontevedrés Víctor Magariños

Tamén o subdelegado do Goberno en Galicia, José Miñones, trasladou o pesar ante o suceso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 21:33

Comparte esta noticia

O secretario xeral para ou Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, manifestou o seu pesar polo falecemento do piloto de rally pontevedrés Víctor Magariños este sábado en Cerdedo-Cotobade. A través dun comunicado, Lete Lasa envía "unha mensaxe de ánimo e apoio" a todos os seus familiares e amigos, así como ao sector do automobilismo galego.

Por mor da morte de Magariños, ocorrida durante as probas de recoñecemento do Rallye de Pontevedra que se celebrará o próximo fin de semana, a Xunta insiste na necesidade de "extremar as precaucións e cumprir todas as medidas de seguridade" no deporte, "especialmente" nos de motor para evitar "tráxicos sucesos" como o deste sábado.

Tamén o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, lamentou o falecemento do piloto pontevedrés. A través dunha mensaxe na súa conta de Twitter, enviou as súas "condolencias" á familia e ás amizades de Magariños.

Coche de Víctor Magariños
Coche de Víctor Magariños | Fonte: Facebook

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta