O sector do lecer nocturno, "moi satisfeito" coa proba piloto: "A xente ten ganas de festa"

Os xerentes das principais salas galegas destacan a "responsabilidade" dos asistentes á hora de cumprir coas restricións dispostas por Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2021 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O sector do lecer nocturno galego mostrouse "moi satisfeito" coa proba piloto realizada a noite deste sábado en seis establecementos repartidos por toda a Comunidade, en concreto na Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo, e Ourense. Do total, dous dos espazos escollidos foron dúas discotecas de grandes dimensións, cunha superficie maior de 1.500 metros cadrados, concretamente a Sala Pelícano, na Coruña, e a Sala Sónar, en Santiago de Compostela.

"A proba piloto foi un paso adiante moi importante, o resultado é moi positivo", valorou o responsable de Pelícano e tamén portavoz da Plataforma 'Galicia de noite', Luís Diz. "A xente comportouse moi ben e respectou as normas", sinalou a Europa Press. "Desaloxamos a sala en tres minutos e a xente non quedou polos arredores facendo botellón nin en grupos", explicou o xerente da sala coruñesa que, aínda que recoñeceu que "unha vez que vai avanzando a noite, hai persoas que se relaxan un pouco co tema da máscara e fíxose necesario algún toque de atención". Iso si, remarcou que foron casos "moi puntuais".

O responsable da Sala Sónar, Suso Peón, tamén valorou "moi positivamente" a proba. "Todo saíu moi ben, non houbo ningún tipo de incidente", explicou, e destacou ademais que o ensaio serviu para demostrar que a xente "ten ganas de lecer nocturno, aínda que sexa con restricións, ten ganas de festa".

AFORAMENTO INCOMPLETO

A proba piloto levou a cabo cun protocolo sanitario específico aprobado pola Consellería de Sanidade que establecía a obrigación dos locais de contar con medidores de CO2 e realizar probas PCR nos máis grandes, así como rexistrar o acceso dos clientes --mediante invitación que se debía adquirir previamente--.

Ademais, os asistentes debían de levar máscara en todo momento, excepto para consumir, e os establecementos debían de respectar os aforamentos máximos, reducidos ao 50% --75% en caso de ter terraza--, tal e como establecera Sanidade. Aínda que as invitacións esgotáronse ao pouco de saír, nin a Sala Pelícano nin a Sónar completaron aforamento. No caso da discoteca coruñesa, con 1.000 prazas, Diz confirmou que fallaron 26 persoas; mentres que en Santiago, tal e como indicou Suso Peón, non se presentaron ao redor de 20 participantes --para un aforamento de 90--.

A Sala Pelícano durante a realización dunha proba piloto da reapertura do lecer nocturno, a 12 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia, (España). Con esta proba, que se realizará en discotecas de diversas localidades da rexión, ten como obxecto. M. Dylan - Europa Press
A Sala Pelícano durante a realización dunha proba piloto da reapertura do lecer nocturno, a 12 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia, (España). Con esta proba, que se realizará en discotecas de diversas localidades da rexión, ten como obxecto. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta