Un mosteiro único do século X vendido a un particular polo que vale un piso sen o interese das administracións

Entre 200.000 e 250.000 euros, un prezo semellante ó que podería ter un piso nunha das nosas cidades ou unha casa no extrarradio. Este é o prezo que un veciño de Lugo pagará pola compra dun mosteiro cisterciense, único do seu estilo na montaña de Lugo: Santa María de Penamaior. Dataría do século XII, aínda que as súas orixes máis remotas remontaríanse ó século X.

Por Galicia Confidencial | Becerreá | 13/06/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia