A Covid segue amainando en Galicia cunha caída da taxa de positividade ao 1%

Galicia inicia a semana con 69 persoas hospitalizadas por Covid e 1.401 casos activos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Galicia inicia a última semana antes do verán cunha lixeira repunta nos pacientes Covid hospitalizados, que aumentan a 69 --un máis--, e con 1.401 casos activos --61 menos--, mentres que os novos contaxios deste coronavirus redúcense a 56. Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, hai 18 pacientes Covid en UCI --tres máis-- e 51 noutras unidades --dous menos--.

Por áreas sanitarias, os pacientes Covid ingresados descenden nas de Ourense, Vigo, Santiago e Barbanza e Pontevedra e O Salnés; aumentan nas da Coruña e Cee, Lugo e Ferrol. En concreto, na área da Coruña e Cee aumentan a catro os pacientes en UCI --un máis-- e a 20 os doutras unidades de hospitalización --dous máis--, mentres que na de Ferrol seguen tres en críticos e increméntanse a seis os doutras unidades --un máis--. En canto á de Lugo aumentan a dous os pacientes ingresados pola Covid-19 en unidade de coidados intensivos --un máis-- e catro noutras unidades --un máis--.

Mentres, na de Santiago e Barbanza continúan dúas persoas ingresadas en UCI pola Covid e descenden a cinco as doutras unidades --dúas menos--; así como na de Ourense, onde permanece un paciente en críticos e caen a tres os doutras unidades --un menos--. E na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés permanecen dous pacientes Covid en UCI --sen cambios-- e descenden a cinco os doutras unidades de hospitalización --un menos--.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 continúan en descenso continuado por vixésimo terceiro día consecutivo e caen a 1.401, que supoñen 61 menos ao haber máis altas (117) que contaxios (56). Deste xeito, sitúanse como a mediados de agosto do pasado ano. As infeccións activas ascenderon lixeiramente nas áreas da Coruña e Cee (+8) e Ourense (+3), mentres que se reduciron nas de Vigo (-29), Lugo (-17), Santiago e Barbanza (-13), Ferrol (-8) e Pontevedra e O Salnés (-5). Deste xeito, a área da Coruña e Cee mantense á cabeza con 380 casos activos de Covid; seguida da de Vigo, con 305; Lugo, con 199; Santiago e Barbanza, con 156; Ourense, con 145; Pontevedra e O Salnés, con 127; e á cola segue Ferrol, con 89.

MENOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 detectados por calquera tipo de proba en toda Galicia inician a semana por baixo do centenar con 56, tras alcanzar os 79 este domingo. No conxunto de Galicia foron confirmados 56 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, que implican 23 menos que o día anterior, deles 34 da área da Coruña e Cee; nove da de Ourense; cinco da de Santiago e Barbanza; catro da de Lugo; dous da de Vigo; outros dous da de Pontevedra e O Salnés; e ningún na de Ferrol.

Así, os contaxiados de Covid ascenden a 127.982 en Galicia, dos que 30.701 corresponden á área da Coruña e Cee; 25.252, á de Vigo; 20.093, á de Santiago e Barbanza; 15.843 á de Ourense; 14.366 á de Pontevedra e O Salnés; 13.042, á de Lugo; e 8.685, á de Ferrol. Galicia realizou 2.308.488 PCR desde o inicio da pandemia, 3.194 probas máis que as contabilizadas ata a xornada anterior e unhas 900 menos que o día pasado.

En canto á taxa de positividade, inicia esta semana cun 1,19 por cento tras pechar a pasada cun 1,66%. Por tanto, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

Cribado / Concello de Abegondo. / Europa Press
Cribado / Concello de Abegondo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta