A Xunta inicia a declaración BIC dun microscopio único no Estado do holandés Van Leeuwenhoek

Peza emblemática e excepcional da microscopia, permitiu ao seu creador sentar as bases da bacterioloxía e protozooloxía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade iniciou o procedemento para declarar ben de interese cultural (BIC) un microscopio creado no século XVII por Antony Van Leeuwenhoek propiedade dunha colección dun particular. Trátase do único exemplar orixinal de Leeuwenhoek que se coñece no Estado español dos nove que se conservan dos máis de 500 que se cre que chegou a construír. Ademais, é unha peza xemelga á existente no museo de Boerhaave de Leiden.

Tal e como recolle a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), o holandés Antony Van Leeuwenhoek está considerado como o pai da microbioloxía e parasitoloxía e foi un dos primeiros en observar os microorganismos, para o que utilizaba microscopios de deseño propio. Así, este instrumento é unha peza emblemática e excepcional da microscopia e permitiu ao seu creador sentar as bases da bacterioloxía e protozooloxía.

Os microscopios orixinariamente fabricados por Leeuwenhoek, inspirados nos métodos de construción establecidos por Robert Hooke, son extremadamente raros e en termos de interese e importancia ocupan un lugar relevante na historia da ciencia.

RESOLUCIÓN

Deste xeito, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o proceso para declarar como ben moble este obxecto e ordenar que se anote a incoación de forma preventiva no rexistro de bens de interese cultural de Galicia. Ademais, establece aplicar de forma inmediata e provisional o réxime de protección que establece a Lei de patrimonio cultural de Galicia para os BIC, sinala que o expediente deberá resolverse no prazo máximo de 24 meses e ordena a publicación desta resolución en tanto no DOG como no Boletín Oficial do Estado (BOE).

APARICIÓN E VENDA

O instrumento obxecto desta resolución foi descuberto en decembro de 2014 no dragado de lodos dunha canle da cidade de Delf, cidade na que Leeuwenhoek viviu toda a súa vida e foi adquirido polo seu actual propietario a través dunha plataforma dixital a un vendedor de antigüidades que o ofrecía como parte dun lote de pintura.

Tras pechar a poxa, o vendedor acordou remitir os obxectos ao comprador que, unha vez que o tivo na súa poder, iniciou o proceso de autenticación no laboratorio de Cavendish, pertencente ao departamento de Física da Universidade de Cambridge.

A designación BIC desta peza implica a súa máxima protección e tutela. A partir de agora, todas as intervencións que se pretendan realizar terán que ser autorizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e os seus propietarios deberán conservalo e manternerlo debidamente para evitar a súa perda ou deterioración.

Estrella Pallas e Tomás Camacho, coas dúas pezas emblemáticas da exposición ‘Historia do microscopio a través da colección Camacho e Pallas’
Estrella Pallas e Tomás Camacho, coas dúas pezas emblemáticas da exposición ‘Historia do microscopio a través da colección Camacho e Pallas’ | Fonte: MHN da USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta