Ana Pontón: "É evidente que o PP non ten un plan de país para sacar Galicia desta crise"

O BNG crítica a "falta de vontade" dos populares para chegar a acordos para a reactivación de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou a "falta de vontade" do Partido Popular para chegar a acordos para a reactivación de Galicia na comisión posta en marcha no Parlamento de Galicia para abordar esta cuestión. Así se pronunciou este luns ao ser preguntada en rolda de prensa pola proposta de ditame anunciada este fin de semana polo portavoz parlamentario dos populares galegos, Pedro Puy, que inclúe 400 medidas.

Na súa intervención, Pontón asegurou que o Partido Popular pretende "reducir á mínima expresión" este órgano "sen ningún tipo de vontade de acordo de país", unha actitude que, na súa opinión, se plasma en que o orzamento reservado para grandes acordos "se reduce a 33 millóns de euros".

Todo iso, indicou, nun contexto no que o Bloque Nacionalista Galego considera que Galicia debería aspirar a "máis de 10.000 millóns de euros" dos fondos de reconstrución. "É evidente que o PP non ten un plan de país para sacar Galicia desta crise, porque necesitaría recoñecer e rectificar as políticas que están a levar a Galicia a ser un deserto industrial, a perder emprego e provocar que a xente nova siga emigrando", apuntou.

Ademais, lembrou que recentemente o Bloque presentou unha proposta de ditame con 170 medidas para "cambiar o rumbo" de Galicia.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta