Os sindicatos esixen cambios a Lores coa política de persoal do Concello de Pontevedra

As relacións entre o Goberno local e os traballadores está enquistada desde hai anos con motivo da negociación do acordo regulador da relación de postos de traballo (RPT).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

As organizacións sindicais con representación no Concello de Pontevedra esixiron ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, un "cambio de rumbo" na política de persoal "que contribúa a normalizar as relacións" entre a administración e os seus traballadores, que parta de empezar a "recibir e escoitar aos seus representantes".

Segundo denunciaron de maneira conxunta os representantes CSIF, SPPME, CCOO, UXT, da agrupación AFUMPO e o delegado de persoal da CIG, a política de persoal está a producir tensións entre o persoal de traballadores. "Baséase tanto no incumprimento de acordos previos como na imposición errática de condicións de traballo que afectan o persoal municipal", explican.

As relacións entre o Goberno local e os traballadores está enquistada desde hai anos con motivo da negociación do acordo regulador da relación de postos de traballo (RPT).

Culpan desta situación á "falta de vontade negociadora" da concelleira de Persoal Carmen Fouces (BNG) e á "ausencia total e absoluta dun proxecto que mellore a eficiencia e a calidade da atención e dos servizos que se prestan á cidadanía".

Así mesmo, sinalan que a actual concelleira de Persoal "o é en réxime de dedicación exclusiva" e que nesta función conta co apoio dunha nova Dirección Xeral, que se traduce en que os gastos de Xestión de Persoal "incrementáronse en máis de 130.000 euros ao ano respecto do anterior mandato".

Este incremento non se reflicte, engaden, nunha mellora na eficacia ou na calidade técnica desa xestión, como así proban, ao seu xuízo, as sentenzas xudiciais que recoñecen a vulneración sistemática de dereitos laborais no seo do Concello de Pontevedra.

Os representantes sindicais indicaron que, debido a esta "incapacidade negociadora do grupo de goberno" na xestión de persoal, decidiron non acudir ás convocatorias da administración ata ser recibidos polo alcalde, pero aínda sen resposta á solicitude formulada en xaneiro deste ano.

Neste período houbo catro convocatorias da mesa xeral de negociación que non se celebraron por falta de quórum na parte social. Finalmente, os sindicatos conclúen que as consecuencias desta "actitude contumaz" están a afectar á cidadanía e "contribuíndo a colapsar os xulgados aos que moitos empregados e empregadas municipais ven obrigados a acudir".

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

A portavoz do Goberno local, Anabel Gulías, informou este luns que a Xunta de Goberno acaba de aprobar a proposta de modificación da Relación de postos de traballo do ano 2021, "é a máis extensa dos últimos anos" no municipio

Esta modificación "abarca a 33 postos de traballo" e implica "unha reorganización e unha reasignación dos postos existentes para a mellora dos recursos humanos municipais".

Entre os obxectivos desta reorganización das organigramas citou "tentar mellorar as condicións de traballo de todo o funcionariado do Concello de Pontevedra" por unha banda e, doutra, "mellorar a axilidade nos trámites administrativos".

Lores, alcalde de Pontevedra co apoio do PSOE. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Lores, alcalde de Pontevedra co apoio do PSOE. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta