Xaquín Marín, Agrupación Astronómica Ío e Twitter en galego, premios Rosalía de Castro da Deputación da Coruña

O galardón está dotado con 2.100 euros por categoría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O debuxante Xaquín Marín, a Agrupación Astronómica Ío e Twitter en galego son o tres premios Rosalía de Castro, que concede a Deputación da Coruña. Estes premios están encamiñados a recoñecer a personalidades e iniciativas que traballan na promoción do galego en todos os ámbitos. O galardón está dotado con 2.100 euros por categoría.

O xurado remarca de Xaquín Marín --na categoría de persoas que destacan pola promoción do idioma galego-- "o compromiso continuado no tempo" e "alcance social do seu traballo", así como por "facer humor gráfico nun contexto histórico de especial dificultade en plena ditadura franquista e en medios de comunicación onde a presenza do galego era residual".

Pola súa banda, valora da Agrupación Astronómica Ío --na categoría de entidade-- o seu impulso ao galego "nun ámbito tan especializado como a astronomía e sen bagaxe" neste idioma, que "ademais consegue trasladar dun modo accesible e atractivo para o público xeral".

Finalmente, na categoría de proxecto concreto de dinamización lingüística para mozas, recoñece o proxecto de Twitter en galego, promovido por Carlos García Vieito para o proceso de tradución co que configurar esta plataforma social no idioma propio de Galicia. O xurado recoñece que crea "terminoloxía que permite colocar á lingua galega nunha nova realidade dixital" e resalta o seu "gran impacto" con 15.000 persoas con conta configurada en galego.

Xaquín Marín nunha foto de RafioFusión
Xaquín Marín nunha foto de RafioFusión

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta