Os códices das "Cantigas de Santa María" estarán dispoñibles na rede nas próximas semanas

A Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega celebran a decisión de Patrimonio Nacional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega celebrou a decisión de Patrimonio Nacional de facilitar o acceso aos códices das "Cantigas de Santa María" que se atopan baixo a súa custodia na biblioteca do Escorial.

A Academia sinala que a decisión implica cumprir "unha débeda coa cultura galega, a cultura hispánica, a cultura europea e universal", e lembra que o pasado mes de marzo emitiu unha declaración pública reclamando o acceso a estes fondos.

A propia responsable de Patrimonio Nacional, LLanos Castellanos, trasladou ao presidente da RAG, Víctor Freixanes, que estes manuscritos estarán accesibles ao público a través das Redes nas próximas semanas.

Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega agradeceu esta "boa noticia" que permite "pór ao alcance de todo o mundo patrimonio moi relevante para a historia" do territorio.

Por outra banda, "Obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense" súmase á a conmemoración do 800 aniversario de Afonso X cun vídeo no que interpreta a 'cantiga número 77', que o monarca dedicou a Galicia.

Unha das ilustracións das cantigas medievais
Unha das ilustracións das cantigas medievais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta