Unha investigación sobre a predición das secas, premio ao mellor artigo en revistas científicas de Xeografía estranxeiras

O galardón ‘Roser Majoral Moliné’ recoñeceu o traballo desenvolvido polo investigador da USC Dominic Royé, así como por Robert Monjo Agut da UCM e Javier Martín Vide da UB, centrado no uso de modelos matemáticos

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

O investigador da USC Dominic Royé acaba de ser recoñecido co galardón ‘Roser Majoral Moliné’ ao mellor artigo en revistas científicas de Xeografía estranxeiras. A investigación que aborda a predición das secas a través de modelos matemáticos está tamén asinada por Robert Monjo Agut da Universidad Complutense de Madrid (UCM) e Javier Martín Vide da Universitat de Barcelona (UB).

A investigación premiada analizou o comportamento de todos os períodos sen chuvia dende 1979 ata 2016. FOTO: Santi Alvite - USC
A investigación premiada analizou o comportamento de todos os períodos sen chuvia dende 1979 ata 2016. FOTO: Santi Alvite - USC

A investigación premiada analizou o comportamento de todos os períodos sen chuvia dende 1979 ata 2016, e comparounos con conxuntos de Cantor,que fai referencia ao fractal, un obxecto xeométrico cuxa estrutura básica repítese a diferentes escalas , e que podemos observar, por exemplo, no brócoli ou nas pólas das árbores. O traballo destes investigadores proba que o comportamento das secas climáticas pode modelarse deformando en maior ou menor medida os ocos (períodos secos) do conxunto orixinal de Cantor.

A sétima edición do premio ‘Roser Majoral Moliné’, convocado pola Asociación Española de  Geografía (AGE), recoñece  a proxección  internacional  da  investigación xeográfica nos seus diferentes campos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta