A universidade galega volve ser a máis barata do Estado

Os prezos de matrícula seguirán conxelados por undécimo ano consecutivo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Rematado o bacharelato, e coas notas da ABAU ao caer, a saída universitaria preséntase como a máis probable para a infinda parte do alumnado que, días atrás, se someteu ás probas elaboradas pola CIUG para entrar nesa carreira coa que tanto tempo levan soñando ou que, noutros casos, aínda non teñen moi clara. 

Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
Facultade de Medicina de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

En calquera caso, estudar unha carreira universitaria en Galicia conta con ventaxas cuantitativas a respecto doutras comunidades autónomas do Estado. Entre elas, a máis palpable sitúase nos prezos. E é que, neste vindeiro curso 2021/2022, a Comunidade galega volerá ter os prezos medios máis baratos do Estado; de acordo co Consello Galego de Universidades, que gabou o papel "de referencia" do ensino superior galego neste eido.

"A comunidade galega alberga o prezo medio do crédito máis baixo de España", destacaron dende o Consello nunha xornada disposta para dar o visto á conxelación dos prezos públicos da universidade por décimo primeiro ano consecutivo. Á parte, dende o Consello subliñaron tamén que a especial asequibilidade da universidade galega garda tamén relación con que o prezo de primeira matrícula é igual "xa se trate de grao, máster habilitante ou calquera outro tipo de máster oficial".

 

A través deste decreto de prezos públicos aprobado recentemento fíxase tamén a data do inicio do curso 2021/2022 nas tres universidades do SUG para o día 6 de setembro. Tendo en conta que, unha vez estabilizada a pandemia, as probas extraordinarias da ABAU se realizarán os días 13, 14 e 15 de xullo, este alumnado poderá incorporarse ás clases para aproveitar o primeiro cuadrimestre na súa totalidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta