Alerta laranxa por treboadas e choiva nas provincias de Ourense e Lugo

Tamén activa a alerta amarela por treboadas e choivas no interior das provincias da Coruña e Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por treboadas e choivas nas provincias de Ourense e Lugo.

Segundo informou este mércores a Vicepresidencia da Xunta, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa de que a partir das 12,00 horas espérase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por treboadas e choiva que afectará o centro, montaña e sur da provincia de Lugo.

Tamén afectará o sur, á montaña e ás zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense. En ambas as áreas prevese unha precipitación acumulada nunha hora de 30 mm e localmente sarabia e refachos moi fortes de vento.

AMARELA

Así mesmo, actívase alerta amarela por treboadas e choivas no interior das provincias da Coruña e Ourense, así como no noroeste de Ourense, que tamén empezarán a partir das 12,00 horas.

Nestas zonas prevese unha precipitación acumulada nunha hora de ata 20 mm e localmente sarabia e refachos moi fortes de vento, concreta a Xunta.

Danos causados por choivas e granizadas na provincia de Ourense.. GARDA CIVIL
Danos causados por choivas e granizadas na provincia de Ourense.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta