"Desesperación e colas" polo traslado de dúas oficinas da Seguridade Social na Coruña

O sindicato USO denuncia que novas sedes non cumpren os requisitos para desenvolver o traballo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

A Unión Sindical Obreira, na súa delegación galega, vén de denunciar o traslado de dúas oficinas administrativas da Coruña que estarían a provocar "desesperación e colas" nos usuarios. De acordo coa formación sindical, o cambio de sede estaría a ter lugar con respecto a dúas administracións Tesourería Xeral da Seguridade Social, ambas situadas na cidade herculina,e  que se terían trasladado a oficinas que "non reúnen as condicións necesarias para o desempeño do traballo", provocando asemade o "desprazamento dos ususarios" fóra da súa "área de referencia". 

Oficina da Seguridade Social/Gc Oficina da Seguridade Social/Gc
Oficina da Seguridade Social/Gc Oficina da Seguridade Social/Gc

O sindicato destaca que rexeita o cambio de localización á rúa Fernando Macías, que "non reúne as condicións necesarias para a atención ao público", e "provoca colas de usuarios" no  hall do edificio. A formación engade que as novas dependencias comparten entrada cos veciños do edificio, polo que as colas de usuarios que desexan ser atendidos supón un prexuízo para os residentes.

 

Ademais, a Tesourería da Seguridade Social viría de deixar de dar cita previa á cidadanía, que acode igualmente para que se lle poidan solucionar os seus trámites, cos inconvenientes que iso carrexa. A responsabilidade da información ao usuario recae na vixiante de seguridade, desempeñando labores que non lle corresponden, e o persoal, que ha de saír á entrada do edificio para poder axudalos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta