Marea Atlántica e BNG da Coruña reclaman á alcaldesa da cidade diálogo e melloras na xestión

Desde Marea Atlántica cualifican a actual lexislatura como fuxida cara adiante de Inés Rey e o BNG pide máis negociación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A portavoz da Marea Atlántica, María García, reclamou diálogo á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, no balance dos seus dous anos de xestión, mientra que o seu homólogo do BNG, Francisco Jorquera, denunciou a existencia de "luces e sombras" na xestión.

Na súa comparecencia, María García, lamentou a "fuxida cara adiante" na que, ao seu xuízo, está "instalada" a rexedora, "incluíndo unha tránsfuga no seu goberno --dixo sobre a edil Mónica Martínez, que concorreu por Ciudadanos--, renunciando a negociar uns orzamentos e fiando todo ao ladrillo e aos pelotazos inmobiliarios, como en Percebeiras ou na Maestranza".

"Se Inés Rey quere ser fiel ao mandato das urnas, ten que cambiar o rumbo e dialogar coa Marea Atlántica, o único grupo co que suma unha maioría absoluta pola esquerda". "Pero dialogar en serio, non para a foto", sentenciou.

Desde o BNG, o seu portavoz, Francisco Jorquera, reprochou aos socialistas o "incumprimento do compromiso" sobre os orzamentos deste ano, "ao decidir de maneira unilateral, e sen negociar cos grupos, prorrogar para 2021 as contas de 2020".

No entanto, valora a proposta de diálogo feita pola rexedora para negociar os de 2022. Da xestión dos socialistas sostén que presenta "luces e sombras". Entre outras cuestións, denuncia "a falta dun proxecto de cidade claro e ineficacia da xestión do día a día".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, durante un pleno municipal
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, durante un pleno municipal | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta