Condenan a dous anos de cárcere a un mozo por un atropelo en Barbadás no que faleceu unha muller

Considera probado que o condutor consumira marihuana e cocaína, o que afectou as súas capacidades " para o manexo do vehículo", pois non se decatou da presenza das vítimas "ata que practicamente estaba encima do paso de peóns".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Un mozo de 22 anos foi condenado a dous anos de prisión por un atropelo no municipio de Barbadás no que faleceu unha muller. A xuíza considerouno autor dun delito de lesións e doutro contra a seguridade viaria, en concurso cun delito de homicidio.

Os feitos rexistráronse en novembro de 2016 cando o acusado, que conducía baixo os efectos das drogas, arroiou a un matrimonio nun paso peonil na Valenzá, causando a morte da muller.

En concreto, considera probado que o condutor consumira marihuana e cocaína, o que afectou as súas capacidades " para o manexo do vehículo", pois non se decatou da presenza das vítimas "ata que practicamente estaba encima do paso de peóns". Por tanto, descarta que un "descoido" do condutor fose a causa do atropelo.

Ademais da pena de prisión e a retirada do carné durante tres anos, impuxo tanto ao condutor como ao dono do coche e á aseguradora o pago dunha indemnización de 251.846 euros aos familiares da vítima mortal e ao seu marido, a quen tamén deberán pagar 11.833 euros polas lesións e secuelas do atropelo.

Audiencia provincial de Ourense.
Audiencia provincial de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta