Denuncian que o operativo contra incendios está "en cueiros" tras os grandes lumes de Salvaterra e Ancares

A CIG critica á Administración por "improvisación un ano máis" na posta en marcha do operativo de loita contra incendios forestais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A CIG critica á Administración por "improvisación un ano máis" na posta en marcha do operativo de loita contra incendios forestais. Nun comunicado, asegura que o dispositivo está "en cueiros" esta tempada e advirte de que xa houbo "grandes incendios" na primavera. Ademais, os "típicos" do mes de agosto "xa se están producindo agora".

Con todo, ante isto, lamenta que o operativo "nin está preparado para o alto risco nin tampouco para asumir unha semana de altas temperaturas". Segundo sinala, isto "púidose comprobar estes días" no lume de Salvaterra, onde se calcinaron 352 hectáreas segundo os datos da propia Xunta.

"A caseta de servizo estaba pechada e só había unha motobomba de noite en todo o distrito e iso que xa se anunciou a treboada eléctrica", denuncia.

En canto ao persoal, afirma que a relación de postos de traballo existentes no sistema público non se corresponde "exactamente" co número de persoas que traballan "xa que numerosos postos están baleiros e non se procedeu á súa cobertura, a pesar de ser esenciais, e mesmo tampouco se están cubrindo as baixas, polo que poden existir brigadas que se reducen a apenas un ou dous compoñentes".

Incendio forestal / POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO. / Europa Press
Incendio forestal / POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta