Apoios da Xunta para un programa que fomentará o talento feminino na economía social

Lorenzana sinalou que este programa forma parte da Estratexia galega de economía social 2019-2021 co que a Xunta impulsa a consolidación deste modelo de negocio que demostrou, segundo afirmou, a súa resistencia fronte aos períodos de crises.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 18/06/2021 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou este venres, no Pazo de Baión, no IV Foro Crecendo Xuntas, unha iniciativa que apoia a Xunta de Galicia para impulsar o talento feminino na economía social galega e que desde o seu inicio en 2017 conseguiu formar a máis de 200 mulleres, un total de 50 procedentes do catro provincias galegas na ediciónde este ano.

O foro é un evento aberto a todas as mulleres da economía social, "constituíndose como un espazo de conversación sobre os retos, desafíos e oportunidades que as mulleres teñen no seu desenvolvemento profesional", explica a Consellería.

Lorenzana sinalou que este programa forma parte da Estratexia galega de economía social 2019-2021 co que a Xunta impulsa a consolidación deste modelo de negocio que demostrou, segundo afirmou, a súa resistencia fronte aos períodos de crises.

Así, indicou que o pasado ano, a pesar da covid-19, creáronse na Comunidade galega 125 novas empresas deste sector. Indicou, así mesmo, que esta Estratexia ten, entre os seus retos, reforzar e promocionar o acceso das mulleres ao emprego en entidades de economía social, especialmente en postos de maior responsabilidade.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participa no IV Foro Crecendo Xuntas. XUNTA
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participa no IV Foro Crecendo Xuntas. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta