O Parlamento esixe que o Goberno realice arranxos na A-55 e na N-634

"A deterioración e abandono por parte do Goberno central da A-55 incrementa o risco de accidentes, que por desgraza xa son bastantes nesta castigada e mal chamada autovía", dixo a deputada popular Felisa Rodríguez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2021 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou este venres senllas iniciativas, ambas as do PPdeG e acordadas por unanimidade, nas que reclama ao Ministerio de Transportes arranxos "urxentes" na autovía A-55 e na estrada N-634.

No tocante á A-55, o acordo da Comisión de Ordenación Territorial demanda o arranxo ao seu paso por Mos e O Porriño, na provincia de Pontevedra, incluídos vos carrís de incorporación e vías de servizo paralelas.

"A deterioración e abandono por parte do Goberno central desta autovía incrementa o risco de accidentes, que por desgraza xa son bastantes nesta castigada e mal chamada autovía", dixo a deputada popular Felisa Rodríguez

No caso da N-634, o acordo refírese a melloras no tramo entre o alto da Xesta, no Concello de Abadín, e Mondoñedo, na provincia de Lugo.

A este respecto, a viceportavoz popular, Elena Candia, advirte da "falta de iluminación e o mal estado que presenta esta estrada constitúen un risco elevado para os usuarios".

Comisión de Ordenación Territorial. PARLAMENTO DE GALICIA
Comisión de Ordenación Territorial. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta