A Covid segue nas UCI: dous novos falecidos elevan a 2.433 o total de vítimas en Galicia

Trátase de dous homes de 76 e 81 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2021 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron de dous novos falecidos con covid-19 que elevan o total de vítimas da pandemia a unhas 2.433 en toda Galicia.

En concreto, trátase de dous homes de 76 e 81 anos, respectivamente, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario da Coruña. Ambos presentaban patoloxías previas.

A última falecida fora notificada o xoves, en concreto unha muller de 96 anos ingresada nun hospital da Coruña, despois de cinco días sen notificar óbitos a Xunta.

Complexo Universitario da Coruña, CHUAC
Complexo Universitario da Coruña, CHUAC | Fonte: Sergas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta