A vacinación de alumnos de ESO e Bacharelato, prevista para dúas semanas antes do inicio do curso

"Imos lanzados na vacinación", afirma o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 19/06/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou que, de cumprirse as autorizacións previstas pola Axencia Europea do Medicamento, poderían iniciar a vacinación dos estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato "dúas semanas antes do comezo do curso académico".

Unha persoa recibe unha dose da vacina contra a Covid-19
Unha persoa recibe unha dose da vacina contra a Covid-19 | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

"Sen dúbida, un paso decisivo para a tan ansiada recuperación da normalidade académica e social será a vacinación do noso alumnado", sinalou este sábado Sánchez nun acto na Moncloa en homenaxe á comunidade educativa.

Neste contexto, realizou unha invitación formal a non só recuperar a normalidade que había antes da pandemia, a non conformarse "con regresar ao momento de partida": "A comunidade educativa demostrou que a excelencia académica e educativa é un obxectivo ao alcance de España".

Para o presidente do Executivo, en España "hai alegría de vivir", algo que, nas súas palabras, "nótase no conxunto de compatriotas". "Imos lanzados na vacinación, imos marca tras marca nas doses que estamos a administrar ao longo dos días, imos recuperando o emprego. Grazas á comunidade educativa tamén foi posible", celebrou.

Na mesma liña, insistiu en que España "está lanzada" e puxo " a directa" cara a unha recuperación que, ao seu xuízo, "ten que ser xusta e moito máis duradeira".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta