Os vacinados en Galicia con polo menos unha dose xa superan o millón e medio

Galicia achégase ao millón de cidadáns inmunizados coa pauta completa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/06/2021 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

Galicia superou o millón e medio de persoas vacinadas con polo menos unha dose contra a covid-19. En concreto, hai 1.518.407 galegos con polo menos a primeira picada --28.999 máis que hai un día--, o que representa o 64,26% da poboación susceptible a vacinar.

Unha sanitaria inxecta a un paciente a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense
Unha sanitaria inxecta a un paciente a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

En canto aos galegos que teñen xa a pauta completa, achéganse ao millón ao haber 979.555 --5.068 máis que hai un día--, que supoñen o 41,46% de todas as persoas que poden recibir a vacina na Comunidade.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do sábado, que indican que se administraron ata o momento 2.419.450 doses --33.748 nas últimas 24 horas--, que supoñen o 95,46% das recibidas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta