Aenor certifica a calidade ambiental da biofábrica de Ence

Garantiuse que a biofábrica cumpre coa certificación ISO 14.001 de sistemas de xestión ambiental, segundo a propia empresa.

Por E.P. | Pontevedra | 20/06/2021 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

A Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor) avalIou o "bo comportamento ambiental" da biofábrica de Ence en Pontevedra a través dun proceso de auditoría. Ademais, segundo Ence, garantiuse que a biofábrica cumpre coa certificación ISO 14.001 de sistemas de xestión ambiental.

Biofábrica de Ence en Pontevedra
Biofábrica de Ence en Pontevedra | Fonte: Santos-Diez - Europa Press.

"Ence continúa así mellorando a súa eficiencia", destacou a compañía, un resultado conseguido "grazas aos investimentos realizados nos últimos anos e á dedicación e compromiso do equipo humano".

O principal indicador de calidade da vertedura --a Demanda Química de Osíxeno (DQO)-- mellorou en 2020 nun 87% o rango superior de referencia que marca a normativa europea de mellores prácticas ambientais do sector da celulosa para este parámetro. "A evolución deste dato ratifica os avances que de forma sostida logra Ence Pontevedra na calidade da súa vertedura final", comentou a compañía.ç

En canto á xestión responsable dos recursos, a biofábrica reduciu nun 6% o consumo de auga nos seus procesos respecto ao exercicio anterior, e alcanza unha baixada do 25% no último lustro. Tamén o uso da madeira como materia prima para producir unha tonelada de pasta de papel diminuíu nun 4%.

REDUCIR CHEIROS

Ence destacou ademais que minimizar os cheiros é outro dos seus obxectivos. Neste sentido, a biofábrica reduciu un 38% as emisións olorosas durante o 2020 en comparación ao ano anterior. Estas emisións supuxeron menos de 1,4 minutos diarios de media, fronte aos 2,3 minutos rexistrados en 2019.

Ademais, Ence reduciu un 20% a xeración de residuos e, de todos eles, o 99% foi valorizado, "sendo referendada a compañía pola certificación "Residuo Cero" de Aenor.

Ence subliñou que "a propia actividade da biofábrica é un exemplo de contribución á economía circular: en todo o proceso de produción da celulosa, a planta produce e opera con materiais reciclables". Ademais, destacou que xera enerxía eléctrica renovable a partir da biomasa que non se destina á produción de celulosa utilizando a lignina, un compoñente da madeira que "constitúe un excelente biocombustible renovable e natural".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta