Unha pirotecnia valenciana encargarase dos lumes do Apóstolo

A empresa pirotécnica valenciana Ricardo Caballer encargarase do espectáculo dos lumes das festas do Apóstolo, que contan cun orzamento de case 270.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

A empresa pirotécnica valenciana Ricardo Caballer encargarase do espectáculo dos lumes das festas do Apóstolo, que contan cun orzamento de case 270.000 euros.

A adxudicación do contrato dos lumes da noite do 24 de xullo --que serán presentados nas próximas semanas-- foi un dos principais asuntos aprobados na xunta de goberno local do Concello compostelán, celebrada este luns.

Os acordos foron repasados en rolda de prensa polo alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, que tamén destacou a aprobación do contrato de mantemento do servizo municipal de electricidade por un importe de 513.000 euros.

Ademais, o goberno compostelán rexeitou o recurso presentado polo grupo gunicipal do BNG á licitación do contrato para o servizo de recollida de lixo.

APARCADOIRO DA INTERMODAL


Por outra banda, a preguntas dos xornalistas, Sánchez Bugallo comentou que o executivo local que encabeza estará "pendentes" de "o que sucede" co aparcadoiro da estación intermodal, para o que se prevén 460 prazas que os grupos da oposición consideran poucas.

O alcalde evitou pronunciarse sobre se comparte estas opinións dos grupos e emprazou a "facer camiño ao andar". En todo caso, recoñeceu que o proxecto podería sufrir "cambios" ante as previsións de que se incremente "o número de usuarios" que acceden á estación "a través doutras vías de transporte, incluído o coche privado".

Lumes do Apóstolo.. CONCELLO DE SANTIAGO
Lumes do Apóstolo.. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta