Nova unidade de saúde mental no centro da Covada, en Oleiros

O Sergas puxo en marcha unha nova unidade de saúde mental no centro de saúde da Covada, no municipio coruñés de Oleiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

O Sergas puxo en marcha unha nova unidade de saúde mental no centro de saúde da Covada, no municipio coruñés de Oleiros.

O xerente do Sergas, José Flores; o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal; e o xerente da área sanitaria da Coruña-Cee, Luís Verde, visitaron este luns esta unidade.

Creada para o desenvolvemento de programas de atención á saúde mental, a nova unidade conta coa incorporación de dous facultativos especialistas en psiquiatría, un facultativo especialista en psicoloxía clínica, un traballador social, ademais de persoal de enfermaría especialista en saúde mental.

O Sergas subliña que a alza de unidades de saúde mental busca mellorar a atención de trastornos depresivos e prevalentes en Atención Primaria, ademais de mellorar a prevención de condutas suicidas. Tamén se traballa para diminuír o impacto da pandemia na saúde mental.

Centro Saúde A Covada, Oleiros
Centro Saúde A Covada, Oleiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta