Feridas dúas persoas por incendios domésticos en Santiago e Ribadeo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida ao sufrir queimaduras no incendio dunha vivenda situada no centro histórico de Santiago de Compostela, segundo informou o CIAE 112 Galicia. O suceso tivo lugar ás 15,30 horas deste luns. Foi a propia afectada quen puxo o caso en coñecemento da central de emerxencias a través dunha chamada telefónica na que pedía auxilio.

A ocupante do piso foi evacuada ao CHUS con feridas nunha man polas chamas, orixinado por unha tixola que esquecera ao lume. En todo caso, o incendio non pasou de conato e non afectou o mobiliario da vivenda.

INCENDIO EN RIBADEO

Ademais, outro incendio afectou a unha vivenda na tarde este luns. Sucedeu en Ribadeo, onde se orixinou un incendio nun piso da rúa Calvo Sotelo provocado por unha campá extractora.

A raíz do incidente, rexistrado ao redor das 18,00 horas deste luns, unha persoa foi trasladada a un hospital polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061 ao sufrir unha intoxicación por fume.

Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo
Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta