Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2021 | Actualizada ás 12:39
A Xunta de Galicia cualificou a baixada do IVE da luz (do 21 ao 10 %) como unha "improvisación" do Goberno central e reclamou que, ademais desta medida fiscal, se adopten "outras medidas que xeren estabilidade" para que non sexan as familias e as empresas as que paguen "o custo da transición enerxética". Un apuntamento que contrasta coa petición da propia Xunta de Galicia, o pasado mes de xaneiro, demandando ese mesmo descenso impositivo ata o 10%.
Así o manifestou o vicepresidente económico do goberno galego, Francisco Conde, en declaracións aos medios antes de participar nun acto no Círculo de Empresarios en Vigo. Cuestionado acerca desta rebaixa, Conde afirmou que o Executivo de Sánchez actúa cunha "improvisación continuada".
"O Goberno segue improvisando ante unha política enerxética que xera un incremento descontrolado do prezo da luz, e que afecta as familias e ao tecido produtivo", recalcou, e engadiu que "parece que agora (o Executivo) vai atender a demanda que lle trasladamos, que é a rebaixa da fiscalidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.