Cae a reserva hídrica en Galicia a pesar das fortes chuvias dos últimos días

Caeu lixeiramente por baixo do 70% da súa capacidade.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 22/06/2021 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A reserva hídrica en Galicia caeu lixeiramente por baixo do 70% da súa capacidade ata o 67,3%, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Os encoros de Miño e Sil contan con 1.990 hectómetros cúbicos, 123 menos que a semana anterior. Supón o 65,7% da súa capacidade e unha caída do 2% respecto da semana anterior. Ademais, sitúase por baixo das cifras que do ano pasado nestas datas (2.447) e tamén é inferior á media da última década.

Pola súa banda, os encoros da conca Galicia Costa aumentaron lixeiramente a mesma reserva respecto de sete días antes ata os 509 hectómetros cúbicos, 15 máis. Está ao 74,4% da súa capacidade. Igualmente, trátase dun dato inferior ao dun ano antes e a última década.

A nivel nacional, a reserva hídrica está ao 57,7% da súa capacidade total e os encoros almacenan actualmente 32.268 hectómetros cúbicos de auga, 343 menos que a semana anterior.

Encoro de Chandrexa de Queixa
Encoro de Chandrexa de Queixa | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta