Por Europa Press / Redacción | MADRID | 22/06/2021 | Actualizada ás 14:48
Vox rexistrou este martes unha petición de reprobación da vicepresidenta terceira do Goberno, Yolanda Díaz, por "falsear" o seu currículo para incluír "tres másteres fake", polo que considera ademais que debe ser sancionada e destituída do Executivo.
A secretaria xeral de Vox no Congreso, Macarena Olona, anunciou que a súa formación pide a reprobación e apertura de procedemento sancionador contra Díaz tras coñecer as correccións realizadas polo Palacio da Moncloa nos títulos da ministra que figuraban na súa páxina web.
Vox quere que a "ministra comunista" sexa reprobada no Parlamento, sancionada en virtude da Lei do alto cargo e "destituída de inmediato". "Non é honorable", reprochou Olona na súa conta de Twitter.
Yolanda Díaz comunicou que non asistirá á sesión de control ao Goberno deste mércores no Congreso, pero Olona xa avisou de que lle preguntarán polo tema á volta do verán. "Non nos coñece. En setembro esperámola cos seus Masters fake", avisou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.