Feijóo convida a mozos do exterior con bolsas de excelencia e raíces galegas a "quedar": "Aquí está a vosa familia"

Destaca que os beneficiarios das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior para másteres terán un 30% máis de prazas e sumarán 200.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/06/2021 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reeditou este martes o compromiso da Administración autonómica co retorno dos galegos do exterior e destacou, ao tempo, que os mozos beneficiarios das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (Beme) contarán, no próximo curso, cun 30% máis de prazas, pasando de 150 a 200.

Encontro con mozos beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior
Encontro con mozos beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

Así o trasladou nun acto na Cidade da Cultura, no marco dun encontro cos beneficiarios destas bolsas, a quen lanzou unha "solemne invitación". "Quero convidarvos expresamente a que quededes en Galicia. De todos os máster que levamos feito ata agora, o 70% dos alumnos quedaron en Galicia. Por iso, de forma explícita e solemne, convidámosvos a quedarvos nesta terra que é a vosa", apostilou.

"Aquí está a vosa familia, Galicia é a casa de todos", engadiu, antes de lembrar aos antepasados dos novos presentes no encontro e tras recordar que estas bolsas abren a porta ao retorno de currículos brillantes para cursar un máster en Galicia. Serven, resaltou, para que os "lazos de galeguidade" que unen coa emigración se convertan "en raíces aquí".

Xunto co aumento das prazas para o próximo curso, o presidente galego tamén destacou o incremento do orzamento, que pasa de 1,3 millóns de euros a algo máis de 1,7 millóns, de forma que nesta nova convocatoria --a quinta-- cada mozo contará cunha axuda de entre 7.000 e 11.475 euros.

A oferta é de 90 másteres nas tres universidades galegas, aliñadas --resaltou o presidente galego-- coas necesidades do tecido produtivo galego e nove máis que na edición anterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta