Convocadas este mércores unhas 400 persoas a un cribado en Vilagarcía de Arousa

Son probas voluntarias para detectar posibles casos de Covid-19 en persoas asintomáticas.

Por Europa Press / Redacción | Arousa | 22/06/2021 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convocou este mércores, 23 de xuño, unhas 400 persoas a un cribado voluntario no concello de Vilagarcía de Arousa para detectar posibles casos de Covid-19 en persoas asintomáticas.

Cribado
Cribado | Fonte: Concello de Abegondo.

Segundo informou a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, trátase dun novo cribado poboacional mediante proba PCR co fin de "detectar o maior número posible de portadores asintomáticos para reducir a cifra de contaxios de coronavirus" nesta localidade.

Así, en coordinación co Concello de Vilagarcía de Arousa, este cribado voluntario no distrito do Salnés terá lugar nunha carpa específica emprazada no campo de fútbol de Berdón, a partir das 9,00 horas.

A estas probas o Sergas convocou a uns 400 veciños residentes neste lugar do municipio arousán, indicaron por parte da área sanitaria pontevedresa. Para levar a cabo as probas PCR, haberá dous equipos de enfermaría, que efectuarán o control das tomas de mostras e a información aos usuarios.

Todas as mostras tomadas con PCR durante a xornada de mañá deste mércores no campo de fútbol de Verdón serán procesadas no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que sexa negativo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta